O  seguro deportivo de Xogade e para persoas con idade comprendida entre os 6 e 16 anos (ambos inclusive), inscritas nas distintas actuacións do Programa Xogade. Deberán ter cumpridos os 6 anos e perderán a condición de asegurados unha vez cumpridos os 17 anos, con independencia da vixencia da póliza, da vixencia da súa licencia ou da actividade practicada.

No caso da actividade federada:
Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.

Como proceder en caso de accidente deportivo?

No caso de precisar asistencia médica derivada dun accidente deportivo, en función do nivel de urxencia procederase do seguinte xeito:
Urxencia vital (aquela que implica risco de morte ou secuela funcional grave para o doente en caso de non
recibir atención médica inmediata):
Acudir ao servizo de Urxencia máis próximo e comunicar o sinistro nun prazo de 24 horas.

Urxencia non vital:
1. Comunicación de accidente:
Deberán comunicar o accidente antes de acudir a ningún centro por unha destas dúas vías:
Teléfono de asistencia: 881 850 087 – Tras facilitar á Xestora Médica os datos do lesionado e circunstancias do accidente, indicaraselle o centro médico ao que acudir para recibir a primeira atención médica.
Vía telemática a través da plataforma: https://partesxogade.es tras a recepción da comunicación de sinistro, recibirá unha confirmación de apertura. Un tramitador de Gerosalud contactará telefonicamente á maior brevidade para indicárlle o centro médico ao que acudir.
2. Continuidade asistencial:
Tras a primeira asistencia será necesario cumprir os seguintes requisitos:
Que a entidade que inscribiu ao deportista certifique o accidente na plataforma de Xogade (https://inscricion-xogade.xunta.gal). O prazo para dito trámite é de 7 días.
Que os titores legais autoricen a xestión de datos do menor a través dunha mensaxe que recibirán no seu teléfono móbil.
Que se envíen os informes médicos nos que conste a prescripción de tratamento, rehabilitación, probas diagnósticas, cirurxía/ingreso hospitalario, etc. O lesionado ten á súa disposición o correo
xogade@gerosalud.es e o portal https://partesxogade.es
Calquera acto médico, a excepción da urxencia vital, deberá contar coa autorización previa e deberá realizarse nos centros adheridos ao cadro médico.
A práctica deportiva en situación de baixa médica, será motivo de interrupción do proceso asistencial.

https://xogade.xunta.gal/adjuntos/documentos/9_2_proto.pdf

Contacto para dúbidas, seguimento, queixas:
881 850 087
xogade@gerosalud.es
https://partesxogade.es
Para reclamacións formais poderán remitilas á aseguradora SURNE (asistencia@surne.es)